Coñeces a Corvinata punteada?

A corvinata punteada (Cynoscion regalis) é un peixe da familia das corvinas (Scianidae) orixinaria do Atlántico occidental, entre o Norte de Brasil e Nova Escocia (Canadá).

Imaxe 1

En España, esta especie foi introducida no ano 2011 no estuario do Guadalquivir, con poboacións establecidas e ventas nas lonxas polo menos dende o 2015.

Dende o ano 2016 esta especie está presente de maneira continua en augas galegas, con capturas dende a Ría de Vigo ata a Ría de O Vicedo. A introdución voluntaria ou involuntaria de especies exóticas no medio mariño pode ter un impacto negativo e supor un grave risco para o ecosistema autóctono.

O seguimento de esta especie en augas galegas é de vital importancia para o estudo do seu impacto sobre o noso ecosistema.