Os meros tropicais

Os meros son un grupo duns vinte xéneros de peixes da subfamilia Epinephelinae que pertencen a familia Serranidae.

Imaxe 1

O seu hábitat son as zonas rochosas con grandes pedras ou covas submarinas en augas pouco profundas en latitudes temperadas e tropicais. Das 4 especies de serránidos que temos en Galicia tan só un deles é un mero, o mero oscuro Epinephelus marginatus, capturado ocasionalmente nas nosas augas. Nos últimos anos, sen embargo, dúas novas especies de meros tropicais chegaron as nosas costas.

No ano 2018, foron capturados dous exemplares de mero dourado Epinephelus costae e no 2019 un exemplar de mero branco Epinephelus aeneus.

Os meros son especies de alto valor comercial, e o seu aumento nas nosas augas pode ter beneficios económicos para a nosa flota. Pola contra, este peixes son depredadores que forman parte do cume da cadea trófica, polo que o seu incremento pode incidir negativamente no equilibrio do ecosistema nativo.