Envíanos o teu avistamento cubrindo os datos do formulario no portal web ou na APP, persoal experto avaliará a información recibida. Os avistamentos verificados publicaranse xeolocalizados, xunto coa data, imaxe e quen realizou o envío. Podes rexistrarte ou senón facelo de forma anónima.
Recomendacións xerais para cubrir o formulario de avistamento
A xeolocalización é un dato fundamental, revisa que no envío que vas facer está correcto.
Se é posible enche todos os recadros, iso facilitaralle o traballo ao persoal experto encargado da revisión.
Se se trata dun exemplar morto, gárdao no frigorífico ou conxelador e indica isto no recadro de comentarios.
O datos do recolector é importante enchelos nos envíos anónimos, o persoal experto pode precisar ampliar información máis alá da recollida no formulario.
Recomendacións sobre as fotografías
Realiza a fotografía do exemplar enteiro, e no caso dos peixes, mirando para a túa esquerda.
Fai varias fotografías e escolle a de mellor calidade para enviar.
Se é posible pon ao lado algún obxecto que poida dar unha referencia do seu tamaño.
Recomendacións sobre a conservación
Garda o exemplar no frigorífico (máx 48 h).
Conxela o exemplar se pasaron máis de 48 h desde a súa recollida.