Cynoscion regalis

Nome científico

Cynoscion regalis (Bloch & Schneider, 1801)

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Chordata
Clase
Actinopterygii
Subclase
-
Orden
Perciformes
Familia
Sciaenidae

Descrición

Avistamentos

  • Cynoscion regalis

Descrición
A corvinata real Cynoscion regalis é unha especie comercial orixinaria da costa leste de Norteamérica. A coloración, con numerosas manchas negras dispersas polo corpo formando liñas máis ou menos sinuosas e a presenza de escamas na base da aleta dorsal, diferencian esta especie das especies de corvinas nativas. Alcanzan ata 1 m de lonxitude, aínda que normalmente non pasan dos 50 cm de lonxitude total. 

Hábitat e Bioloxía
Na súa área nativa, a corvinata real reprodúcese en zonas de esteiros, e logo realiza migracións alimenticias cara ao norte, ao longo da plataforma continental, para volver reproducirse ao seu lugar de nacemento (filopatría natal). Se este comportamento se repite no Atlántico oriental, feito aínda por demostrar, os rexistros desta especie en Portugal e Galicia, provirían maioritariamente de exemplares nados no Golfo de Cádiz. Os exemplares adultos son piscívoros e a súa presenza masiva podería repercutir de maneira negativa sobre a rede alimentaria dos estuarios e/ou nas poboacións dalgunhas especies nativas.

Especies semellantes
Pode confundirse con Argyrosomus regius, pero a súa coloración, con numerosas manchas negras dispersas polo corpo formando liñas máis ou menos sinuosas e a presenza de escamas na base da aleta dorsal, permiten diferencialas. 

Distribución
Orixinaria da costa leste norteamericana, distribúese entre o Norte de Florida (EUA) ata Nova Escocia (Canadá). A súa presenza na península Ibérica está documentada desde o 2011 no estuario do Guadalquivir, onde mantén poboacións estables e vendas en lonxa desde finais do 2015. Desde 2016 esta especie está presente en Galicia.

 

 

 

 

 

 

-7.6672,43.7698@211
-8.9009,42.1831@212
-8.8346,42.1373@213
-8.3349,43.4065@214