Hexaplex trunculus (Linnaeus, 1758)
Descrición
Avistamentos
Descrición
Concha sólida, redondeada nos individuos novos, e angulosa nos adultos, formada por unha espiral de 8 voltas ben marcadas. Canle sifonal curta de ata un cuarto da lonxitude total da cuncha. Escultura de fileiras de tubérculos (nos novos) e espiñas (adultos). Estoma grande e oval co bordo exterior finamente dentado. Opérculo córneo. Coloración externa marrón ou verdosa, esbrancuxada ou agrisada na cara interna, con tres bandas máis escuras; estoma nacarado e con tons violeta. Ata 8 cm de lonxitude.
Hábitat e Bioloxía
Especie dioica, con sexos separados e fecundación interna. Os ovos son postos en cápsulas formando grandes masas que se pegan ao substrato. En augas catalás hai dous picos reprodutivos, un en abril de menor importancia e outro en xuño-xullo. Especie costeira, vive sobre fondos arenosos e fangosos do estrato circalitoral, preto de comunidades de algas de Posidonia e Zoostera entre 1 e 200 metros de profundidade.
Distribución
Especie orixinaria do Mediterráneo e Atlántico nordés, desde Marrocos (Tánxer) ata o sur de Portugal (Cascais). Introducida en Galicia probablemente nos anos 80 con poboacións estables polo menos desde o 2007. En 1985 cítase por primeira vez esta especie en Galicia, coa presenza de cunchas baleiras na enseada do Grove.
Curiosidades
O primeiro exemplar vivo aparece nos anos 1998-1999 na mesma zona e en 2007 xa se atopan abundantes exemplares vivos. Os exemplares adultos son predadores de bivalvos e por tanto, potencialmente daniños sobre as poboacións de bivalvos de interese comercial.