Bolinus brandaris

Nome científico

Bolinus brandaris (Linnaeus, 1758)

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Mollusca
Clase
Gastropoda
Subclase
Caenogastropoda
Orden
Neogastropoda
Familia
Muricidae

Descrición

Avistamentos

  • Bolinus brandaris

Descrición
Concha sólida, redondeada, cunha espiral de 6-7 voltas, a última ampla e terminada nunha longa canle sifonal. Cada volta cunha fileira de grosa espiñas, canaliculadas nos exemplares máis vellos; a última volta leva dúas fileiras destas espiñas. Estoma (abertura bucal) grande e oval; opérculo córneo. Coloración marrón máis ou menos intensa, ás veces verdosa pola presenza de microalgas; estoma con beizos alaranxados. Ata 10 cm de lonxitude. 

Hábitat e Bioloxía
Especie dioica, con sexos separados e fecundación interna. Os ovos son postos en cápsulas formando grandes masas que se pegan ao substrato. En augas catalás hai dous picos reprodutivos, un en abril de menor importancia e outro en xuño-xullo. Especie costeira vive sobre fondos areosos e lamacentos do estrato circalitoral, preto de comunidades de algas de Posidonia entre 1 e 200 metros de profundidade.

Distribución
Especie orixinaria do Mediterráneo e Atlántico nordés, desde Marrocos (Tánxer) ata o sur de Portugal (Cascais). Introducida en Galicia probablemente nos anos 80, con poboacións estables polo menos desde o 2007, probablemente antes. Frecuente na Baía do Grove (Ría de Arousa). 

Curiosidades
Os exemplares adultos son predadores de bivalvos e por tanto, potencialmente daniños sobre as poboacións de bivalvos de interese comercial. Pode haber un impacto económico negativo sobre as especies comerciais de bivalvos, ao depredar sobre elas, pero doutra banda pode haber un impacto positivo ao ser unha especie comercial, explotada tradicionalmente no Mediterráneo e Baía de Cádiz  para consumo humano.

 

 

-8.838866667,42.48313333@303
-8.83615,42.46946667@304
-8.83415,42.47463333@305
-8.83485,42.47673333@306
-8.854016667,42.46666667@307
-8.835266667,42.4793@308
-8.848783333,42.46931667@309
-8.8364,42.46953333@310
-8.8394,42.46311667@311
-8.8463,42.46886667@312
-8.835916667,42.47318333@313
-8.848683333,42.4618@314
-8.8345,42.4753@315
-8.837666667,42.47983333@316
-8.839633333,42.4966@317
-8.83455,42.4762@318
-8.835516667,42.48391667@319
-8.83655,42.48945@320
-8.843666667,42.48515@321
-8.825216667,42.51301667@322
-8.857016667,42.46878333@323
-8.856133333,42.46463333@324
-8.851866667,42.46465@325