Seriola rivoliana

Nome científico

Seriola rivoliana (Valenciennes, 1833)

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Chordata
Clase
Actinopterygii
Subclase
-
Orden
Perciformes
Familia
Carangidae

Descrición

Avistamentos

  • Seriola rivoliana

Descrición
Corpo moderadamente alto e alongado, comprimido lateralmente; cabeza e boca grandes, provista de dentes diminutos en ambas as mandíbulas, vómer e palatinos; parte posterior da mandíbula superior (supramaxilar) moi ancha, que excede lixeiramente a orixe do ollo; primeiros radios da segunda aleta dorsal e anal moi alongados; pedúnculo caudal con fendas superior e inferior; aletas pectorais máis curtas que as pelvianas; liña lateral sinxela, sen escudetes. Coloración azulada verdosa; unha banda escura cruza transversalmente a cabeza; unha banda dourada lonxitudinal no medio dos flancos; ventre claro. Poden alcanzar ata 2 m de lonxitude total e máis de 50 kg de peso.

Hábitat e Bioloxía
Especie epipeláxica, solitaria ou en pequenos grupos, ocasionalmente nas proximidades da costa pero máis frecuentemente en augas oceánicas, a profundidades entre 5 e 160 m. Forma pequenos grupos. Os adultos son principalmente peláxicos, ás veces nectobentónicos. Os xuvenís atópanse a miúdo ao redor de obxectos flotantes. É unha especie curiosa, que nada en círculos a curta distancia.

Distribución
Distribución cosmopolita en mares tropicais e subtropicais. 

Curiosidades
Introduciuse nas nosas augas por desprazamento natural cara ao norte debido probablemente ao aumento da temperatura da auga, a diminución dos afloramentos e o incremento das fases de afundimento que provocan un aumento das correntes de sur cara ao norte. Capturado por primeira vez en Galicia en marzo de 2005, é a especie de Seriola máis común nas nosas costas. 

 

 

 

-8.91,42.39@166
-8.864333,42.295167@167
-8.840392,42.305356@168
-8.864033,42.308733@169
-8.864033,42.308733@170
-7.617259,43.797393@171
-9.281201,42.900483@172
-9.26065,42.907118@173
-8.937253,42.355896@174
-9.075733,42.561733@175
-9.075733,42.561733@176
-8.891062,42.190502@177
-9.26972,42.877964@178
-9.26258,42.892165@179
-7.642973,43.756519@180
-8.957515,42.4453@181
-8.878927,42.433938@182
-8.908033,42.1772@183
-8.389952,43.388592@184
-8.322005,43.502014@185
-9.161841,42.802149@186
-8.87962,42.514508@187
-8.88909,42.027345@188
-8.835966,42.157009@189
-8.560051,43.313006@190
-8.555137,43.312428@191
-8.898478,42.213887@192
-9.0769,42.5543@326
-8.8989188141769,42.215495988292@675