Suberites ficus (Johnston, 1842)
Descrición
Avistamentos
Descrición
Esponxa maciza de ata 30-40 centímetros de diámetro que pode presentar unha amplísima variedade na súa forma: pode ser esferoidal ou globosa, pero normalmente a súa forma é lobulada redondeada con grandes e irregulares ósculos terminais. A cor é laranxa ou vermella, con cores máis vivas en augas pouco profundas, mentres que en zonas profundas ou de augas máis escuras é de cor máis pálida; pode presentar ás veces unha cor verde escura como consecuencia da presenza de algas simbióticas, as zooxantelas.
Hábitat e Bioloxía
Desde a liña de baixamar ata os 200 metros de profundidade, en fondos rochosos fixa ás rochas, en fondos areosos fixa sobre pedras ou incluso libre sobre o fondo. En zonas expostas encóntrase fixada ás rochas. Pode fixarse a pequenas pedras que termina por recubrir completamente, neste caso podémola observar rodando sobre o fondo a mercé das correntes. Soporta certa cantidade de limo no substrato e sobre ela.
Especies semellantes
Suberites carnosus (Johnston, 1842), pode confundirse con esta na súa forma incrustante e lobular, aínda que a súa textura é suave e presenta uns ósculos redondos e regulares.
Distribución
Báltico, Mar del Norte, Canal da Mancha, Atlántico e Mediterráneo.
Curiosidades
O nome da especie, ficus, é un epíteto latino que significa ‘figo’ e non se sabe exactamente a que pode referirse, posiblemente á consistencia da esponxa ou á forma do exemplar recollido para a súa descrición.