Semicassis saburon

Nome científico

Semicassis saburon (Bruguière, 1792)

Nome común
No establecido
Reino
Animalia
Filo
Mollusca
Clase
Gastropoda
Subclase
Caenogastropoda
Orden
Littorinimorpha
Familia
Cassidae

Descrición

Avistamentos

  • Imaxe
  • Imaxe
  • Imaxe

Descrición:
Gasterópodo de cuncha globosa que pode chegar a alcanzar os 70 milímetros de longo por 49 milímetros de diámetro. Espiral baixa formada por 6-8 voltas e superficie exterior marcada por finos cordóns espiralados. Abertura ovalada cunha canle sifonal curta e lixeiramente curvada cara atrás e o beizo externo engrosado e cuns pequenos dentes. O pé presenta un opérculo córneo que non tapa totalmente a abertura. A cor vai entre o branco sucio e o pardo con filas de manchas rectangulares pardas.

Hábitat e bioloxía:
Sobre fondos de area, con lodo ou unha mestura de ambos, desde os 10 ata os 400 metros de profundidade. Ten hábitos nocturnos, pasa o día enterrado no sedimento. É unha especie carnívora que se alimenta case exclusivamente de equinodermos, con especial predilección polos ourizos irregulares e por certas estrelas de mar. Presenta sexos separados. As súas postas consisten en cápsulas alongadas translúcidas recheas de pequenos ovos de cor amarela e dispostas en armazóns tridimensionais que se fixan ao sedimento.

Distribución:
Desde o golfo de Biscaia ata as costas de Ghana, incluído o Mediterráneo.

Especies semellantes:
O seu tamaño, forma e coloración da cuncha fan a este gasterópodo inconfundible.

Curiosidades:    
Descoñécese de onde provén o nome da especie: saburon.

-9.0369600323467,42.648174319944@743