Alcyonium digitatum

Nome científico

Alcyonium digitatum (Linnaeus, 1758)

Nome común
No establecido
Reino
Animalia
Filo
Cnidaria
Clase
Anthozoa
Subclase
Octocorallia
Orden
Alcyonacea
Familia
Alcyoniidae

Descrición

Avistamentos

  • Alcyonium digitatum
  • Alcyonium digitatum
  • Alcyonium digitatum

Descrición
Coral brando colonial de forma variable, que forma colonias irregulares que chegan a acadar os 200 milímetros de altura. As colonias maduras desenvólvense formando lóbulos grosos, elásticos e carnosos, con forma de dedos de ata 3 centímetros de diámetro, que poden chegar a cubrir grandes superficies rochosas, mentres que as colonias en desenvolvemento comezan como pequenas incrustacións irregulares de apenas 5-10 milímetros de grosor. Os pólipos, cando se encontran totalmente estendidos, sobresaen do tecido da colonia aproximadamente 1 centímetro de altura e rodeando a boca, na súa parte superior, presentan 8 tentáculos, cada un dos cales ten ata 14 pínnulas por lado. A cor da colonia pode ser variable, de amarelo a laranxa pálido, esporadicamente de cor branca; os pólipos son translúcidos.

Hábitat e Bioloxía
Desde os 5 ata os 100 metros de profundidade fixo a fondos rochosos, pedras ou cunchas, e incluso a gorgonias ou substratos artificiais, como sedelas de pesca, normalmente en lugares de fortes correntes de marea, que o aprovisionan de alimento. O desenvolvemento da colonia realízase fundamentalmente na primeira metade do ano, desde febreiro a xullo a colonia expándese regularmente, con varios períodos de comida ao día, para alimentarse. As colonias poden chegar a alcanzar unha lonxevidade de 20 anos.

Especies semellantes
Alcyonium glomeratum (Hassall, 1843): é de cor vermella con pólipos de cor abrancazada.
Alcyonium hibernicum (Renouf, 1931): é de menor tamaño e as súas colonias son de cor rosa ou violácea.
Alcyonium palmatum (Pallas, 1766): é de maior tamaño, presenta unha gran variabilidade de cor, pero nunca amarela, e os seus pólipos presentan tonalidades de cor.

Distribución
Desde o mar do Norte ata o sur de Portugal.

Curiosidades
O nome da especie, digitatum, provén da palabra latina «digitatus» que significa ‘en forma de dedos’ e foille posto polo desenvolvemento dediforme das colonias.

O copépodo Critomolgus bulbipes (Stock & Kleeton, 1963) é un ectoparasito desta especie e doutros alcyonidos.

 

 

 

Non hai avistamentos