Aslia lefevrei

Nome científico

Aslia lefevrei (Barrois, 1882)

Nome común
No establecido
Reino
Animalia
Filo
Echinodermata
Clase
Holothuroidea
Subclase
Actinopoda
Orden
Actinopoda
Familia
Cucumariidae

Descrición

Avistamentos

  • Aslia lefevrei
  • Aslia lefevrei
  • Aslia lefevrei

Descrición
Holoturia de corpo cilíndrico con forma de cogombro (de aí o seu nome común) que pode alcanzar 15 centímetros de lonxitude. Ten 5 filas lonxitudinais dobres de pedicelos, totalmente retráctiles, que van da súa boca ao ano, e os pertencentes ás dúas filas dorsais están moi reducidos. Rodeando a súa abertura oral presenta 10 tentáculos arborescentes, os 2 ventrais máis curtos que o resto, que chegan a alcanzar unha lonxitude máxima de 10 centímetros e que pode recoller totalmente no seu interior. A pel é dura, rugosa e coriácea. Corpo de cor  que vai de pardo escuro a branco sucio; tentáculos de cor denegrida ou apencada coas puntas pálidas a branco.

Hábitat e Bioloxía
Desde os 3 ata os 30 metros de profundidade, sobre fondos rochosos, de grava, cascallo, area ou mestura destes, onde se adhire ás pedras ou se enterra no sedimento. Sitúanse nas zonas altas, pedras ou saíntes das rochas; desprega os seus tentáculos arborescentes á corrente para atrapar o plancto e de vez en cando lévaos á boca para chupalos. Nalgunhas zonas existe unha alta densidade de individuos que cobren por completo as rochas e dan a impresión de estaren cubertas por algas de cor negra. Presenta sexos separados e reprodución sexual con fecundación externa. 

Especies semellantes
Ocnus planci (Brandt, 1835), é de menor tamaño, a súa cor corporal é marrón escura, cos pedicelos e tentáculos alimenticios de cor máis clara que o corpo.
Pawsonia saxicola (Brady & Robertson, 1871), a súa pel é lisa e de cor abrancazada a gris metálica escura.

Distribución
Desde o norte das Illas Británicas ata as costas atlánticas da Península Ibérica.

Curiosidades
O nome da especie, lefevrei, é en honra do comandante do buque Moustique, M. Lefevre. Este buque era un cutter da armada francesa que levaba unha tripulación de 24 homes posto á disposición dos investigadores, pero que, debido ao seu pequeno tamaño e pouca autonomía, só permitiu que fixesen dragados ata os 70 metros de profundidade.

 

Non hai avistamentos