Balanophyllia (Balanophyllia) regia

Nome científico

Balanophyllia (Balanophyllia) regia (Gosse, 1853)

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Cnidaria
Clase
Anthozoa
Subclase
Hexacorallia
Orden
Scleractinia
Familia
Dendrophylliidae

Descrición

Avistamentos

  • Balanophyllia (Balanophyllia) regia
  • Balanophyllia (Balanophyllia) regia
  • Balanophyllia (Balanophyllia) regia

Descrición
Coral duro solitario de esqueleto calcario, baixo, normalmente cilíndrico e cáliz circular, alcanza un diámetro máximo de 15 milímetros. O seu esqueleto é moi poroso, tanto o cáliz como a columela. Posúe 48 septos dispostos en 4 ciclos; algúns septos converxen e únense, mostrando unha estrutura estrelada típica. A columela é moi fráxil e normalmene é alongada e estreita, aparentando ser o soporte dos septos que se unen a ela. O pólipo ten 48 pequenos tentáculos translúcidos, con pencas amarelas douradas, vermellas ou alaranxadas, sen bóliñas finais, que cando os ten expandidos, co seu disco oral, pode chegar a alcanzar un diámetro de 25 milímetros. Cor amarela ou laranxa brillante.

Hábitat e Bioloxía
Desde a zona de baixamar ata os 25 metros de profundidade, en covas ou paredes e en zonas de correntes entre moderadas e fortes. Especialmente busca augas limpas e osixenadas, polo que é máis común nas partes exteriores das rías. É un voraz carnívoro que é  capaz de comer incluso a outros hexacorais do seu mesmo tamaño.

Especies semellantes
Leptosammia pruvoti Lacaze-Duthiers, 1897, xeralmente é máis alto e maior diámetro, ademais ten 96 tentáculos e os seus tecidos son menos translúcidos.

Distribución
Desde o norte das Illas Británicas ata o golfo de Guinea, incluídas as Illas Canarias e o Mediterráneo.

Curiosidades
O nome da especie, regia, é un epíteto latino que significa ‘real’, ‘do rei’ e refírese ao parecido da súa forma cunha coroa real.

 

 

 

Non hai avistamentos