Bittium latreillii

Nome científico

Bittium latreillii (Payraudeau, 1826)

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Mollusca
Clase
Gastropoda
Subclase
Caenogastropoda
Orden
Caenogastropoda
Familia
Cerithiidae

Descrición

Avistamentos

  • IMAXE
  • IMAXE
  • IMAXE

Descrición:
Gasterópodo de cuncha sólida, con forma cónico-alongada e afiada, que pode chegar a alcanzar 10 milímetros de lonxitude. A cuncha está formada por 10-12 voltas de espira. A protoconcha ten unhas 3 voltas lixeiramente granulosas e a teloconcha unhas 9-10 voltas. As voltas de espira son aplanadas e están decoradas por 4-5 cordóns espirais, cruzados por costelas axiais pouco desenvolvidas que forman nódulos na súa zona de cruzamento. Os nódulos son máis evidentes e fanse varicosos baixo a sutura. Algúns deles son de cor branca. A sutura é profunda, normalmente escaliforme por mor do aspecto que lle dan os nódulos da volta de espira inferior. A apertura é ovalo-redondeada, ampla, co beizo exterior crenulado, sen embigo. A canle sifonal está ben desenvolvido. A cuncha é de cor parda, parda clara ou crema, sobre a que destacan as bandas espirais acastañadas. Animal de cor crema con pigmentación máis escura no dorso, tentáculos rosados con pequenas manchas escuras nos seus laterais e ápices claros.

Hábitat e bioloxía:
Desde a costa inferior ata os 50 metros de profundidade, en fondos areosos, de cascallo e rochosos. Acostuman a ser animais solitarios, aínda que se poden atopar pequenas agrupacións destes gasterópodos durante a época de reprodución.

Distribución:
Desde o norte da Península Ibérica ata o Mediterráneo.

Especies semellantes:
Bittium reticulatum (da Costa, 1778). Aínda que este pode chegar a alcanzar un maior tamaño, presenta unha cor de fondo da cuncha marrón escuro, sobre o que non destacan tanto as bandas espirais, nin presentan nódulos baixo as suturas. A súa cuncha é reticulada e os tentáculos do animal son de cor parda punteados en branco.

Curiosidades:    
O nome da especie latreillii púxoselle en honra ao zoólogo francés Pierre André Latreille (1762-1833).

 

-8.8544579098744,43.335746857186@735