Bunodosoma biscayense

Nome científico

Bunodosoma biscayense (Fischer, 1874)

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Cnidaria
Clase
Anthozoa
Subclase
Hexacorallia
Orden
Actiniaria
Familia
Actiniidae

Descrición

Avistamentos

  • Bunodosoma biscayense
  • Bunodosoma biscayense
  • Bunodosoma biscayense

Descrición
Anémona solitaria, aínda que se pode dar en pequenos grupos, que pode chegar a alcanzar un diámetro de base de 5 centímetros. A súa base ten un contorno máis ou menos circular e é fortemente adherente. A columna mostra unha gran capacidade de extensión, está dividida en escapo e limbo, é de forma cilíndrica en extensión e está provista de 96 filas lonxitudinais de verrugas adherentes, as cales son simples ou lixeiramente bilobuladas no escapo, cerca do limbo tenden a ser menos prominentes, mentres que na marxe son máis ou menos pedunculadas e claramente compostas. O  disco oral presenta no seu centro unha prominente boca en forma de fendedura e rodeándoo, 96 tentáculos lisos e afiados, de tamaño similar, dispostos en 5 ciclos. Os tentáculos son de cor agrisada, gris verdosa ou gris amarronada cunha finísima liña lonxitudinal na súa parte superior, onde pode presentar ademais manchas brancas ou translúcidas, e cunha rechamante lonxitudinal de cor vermella brillante na súa parte inferior, máis ancha na súa base e estreitándose cara ao seu ápice.

Hábitat e Bioloxía
Desde o intermareal inferior, en pozas de rochas, ata os 5 metros de profundidade, sobre fondos rochosos de zonas con bo hidrodinamismo, na interfase rocha-area, en zonas expostas.

Especies semellantes
A súa coloración rechamante faina inconfundible.

Distribución
Desde o suroeste de Francia ata o sur de Portugal.

Curiosidades
O nome da especie, biscayense, é un epíteto latino que significa ‘de Biscaia’ (como se denomina o golfo de Biscaia en francés) e refírese á procedencia (o golfo de Biscaia) dos exemplares para a súa descrición.

 

 

 

Non hai avistamentos