Cephalothrix simula

Nome científico

Cephalothrix simula (Iwata, 1952)

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Nemertea
Clase
Palaeonemertea
Subclase
 
Orden
Archinemertea
Familia
Cephalotrichidae

Descrición

Avistamentos

  • Cephalothrix simula
  • Cephalothrix simula
  • Cephalothrix simula

Descrición
Nemertino de corpo longo, delgado e filiforme, que pode chegar a alcanzar 40 centímetros de lonxitude por 2 milímetros de diámetro na súa parte máis ancha. A cabeza é alongada, de menor diámetro que o corpo e a súa parte dianteira agúzase; non ten ollos. A abertura da  probóscide está representada por unha foseta subterminal e a boca, situada detrás do cerebro, desenvolve un gran labio que forma unha especie de ventosa. O seu corpo é algo aplanado na súa parte posterior e agúzase cara a súa cola progresivamente, a cal é roma. Cor amarela, laranxa, amarela avermellada ou marrón amarelada, coas marxes laterais do corpo máis claras e a cabeza de cor amarela ou laranxa.

Hábitat e Bioloxía
Desde a liña inferior do intermareal ata os 6 metros de profundidade, baixo pedras, en estípites de laminarias ou entre algas. Pódense encontrar facilmente en primavera múltiples exemplares entre estípites de laminarias, a profundidades entre 2-4 metros (cota 0/-2). É un animal dioico con fecundación externa; para iso, baixo pedras, dentro dunha secreción mucosa xúntanse un macho e unha femia onde liberan de forma coordinada os gametos sexuais masculinos e femininos de forma que se produza aí a súa fecundación.

Especies semellantes
Cephalothrix amphiatlantica
Fernández-Álvarez, Alfaya & Machordom, in litt., é de menor tamaño e a súa cor corporal é branca cunha liña lonxitudinal dorsal de cor laranxa e a cabeza de cor avermellada.
Cephalothrix filiformis (Johnston, 1828), é de menor tamaño e o seu corpo translúcido presenta a parte dianteira de menor diámetro que o corpo.
Cephalothrix oestrymnicus Junoy & Gibson, 1991, é de menor tamaño, o seu corpo é de cor rosada pálida ou translúcido, cunha cantidade variable de pigmento amarelo na súa cabeza.
Cephalothrix rufifrons (Johnston, 1837), é de menor tamaño e a súa cor é branca cunha liña lonxitudinal dorsal de cor amarela e a cabeza de cor alaranxada.

Distribución
É unha especie exótica orixinaria do Xapón e de augas do océano Pacífico, en augas europeas encontrouse nas costas de Cornwall, en varias localidades no norte da Península ibérica, no Cap de Creus e na zona de Trieste (Italia). 

Curiosidades
O nome da especie, simula, é un epíteto latino que significa ‘parecer’, ‘simular’ e refírese ao seu parecido coa especie Cephalothrix major (Coen, 1930) segundo o autor.

 

 

 

Non hai avistamentos