Cerebratulus marginatus

Nome científico

Cerebratulus marginatus (Renier, 1804)

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Nemertea
Clase
Pilidiophora
Subclase
 
Orden
Heteronemertea
Familia
Lineidae

Descrición

Avistamentos

  • Cerebratulus marginatus
  • Cerebratulus marginatus
  • Cerebratulus marginatus

Descrición
Nemertino acintado que pode chegar a alcanzar os 100 centímetros de lonxitude por 25 milímetros de ancho, aínda que a súa gran capacidade de contracción pode reducir a súa lonxitude á metade aumentando o seu grosor. A cabeza é de forma lixeiramente triangular cun ápice más ou menos aguzado, presenta nos seus laterais uns amplos e profundos sucos cefálicos e na súa parte posterior inferior, unha boca alongada e ben visible. Non ten ollos, pero presenta manchas oculares, aínda que o seu diminuto tamaño as fai imperceptibles a simple vista. O seu corpo é comprimido dorsoventralmente, con agudas marxes laterais e finaliza nun delgado cirro caudal transparente. As dobras epidérmicas transversais de tamaño variado danlle ao nemertino unha aparencia engurrada irregular, especialmente cando presenta o seu corpo comprimido. A súa cor é tipicamente gris amarronada uniforme, coas marxes laterais abrancazadas ou translúcidas, a través das cales poden ás veces facerse visibles por transparencia as cordas laterais nerviosas de cor rosada. Describíronse exemplares de cor marrón verdosa e marrón azulada. Os xuvenís son normalmente máis pálidos e os exemplares vellos adoitan presentar a parte dorsal máis escura que a ventral.

Hábitat e Bioloxía
Desde a zona submareal ata os 150 metros de profundidade, de día agóchanse baixo rochas, enterrado en substratos brandos ou retando entre algas ou sobre o fondo e de noite pódense  encontrar nadando libremente. É un nadador moi activo, capaz de desprazarse nadando con movementos serpentiformes ocasionados por fortes movementos ondulatorios dorsoventrais.

Especies semellantes
A súa forma acintada, a súa cor coas marxes laterais do seu corpo máis claros e o seu tamaño —é un dos nemertinos de maior lonxitude dos nosos fondos mariños— fano facilmente identificable.

Distribución
É un animal moi común en todo o hemisferio norte, onde presenta unha ampla distribución. En augas europeas a súa distribución abarca desde o sur de Noruega ata o Mediterráneo.

Curiosidades
O nome da especie, marginatus, é un epíteto latino que significa ‘marxinada’, ‘con marxes’ e refírese ás súas distintivas marxes corporais.

 

 

 

Non hai avistamentos