Grantia compressa

Nome científico

Grantia compressa (Fabricius, 1780)

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Porifera
Clase
Calcarea
Subclase
Calcaronea
Orden
Leucosolenida
Familia
Grantiidae

Descrición

Avistamentos

  • Grantia compressa
  • Grantia compressa
  • Grantia compressa

Descrición
Esta esponxa pode alcanzar os 5 centímetros de lonxitude, xeralmente branca con tendencia á cor crema, aínda que se poden encontrar ocasionalmente de cor marrón. Aínda que é unha especie solitaria, poden encontrarse pequenos grupos de individuos que medran xuntos. Normalmente é de forma tubular aplanada cun ósculo terminal de bordo liso, malia poder presentarse tamén con forma lobulada, neste caso con varios ósculos terminais (un por lóbulo). Fíxase ao substrato por un talo moi curto e a súa superficie é lisa e limpa. A súa consistencia é moderadamente firme.

Hábitat e Bioloxía
Desde os 3 ata os 280 metros de profundidade, en lugares sombreados, fixa a salientes rochosos o en fendas, malia tamén poder encontrarse fixa a estípites de laminarias ou a outras algas. É unha especie anual que espera a finalizar o inverno para soltar as larvas e morrer en primavera. Tamén se pode reproducir de forma asexual mediante xémulas da esponxa nai. Aliméntase do plancto contido na auga que filtra.

Especies semellantes
Sycon ciliatum (Fabricius, 1780), é tamén de cor abrancazada e tubular, non obstante, S. ciliatum é peluda, tubular e non aplanada e arredor do seu único ósculo terminal presenta una coroa de espículas.

Distribución
Toda a costa europea, rara no Mediterráneo.

Curiosidades
O nome da especie, compressa, é un epíteto latino que significa ‘comprimida, ‘apertada’ e refírese á súa forma aplanada.

 

 

 

Non hai avistamentos