Halobatrachus didactylus

Nome científico

Halobatrachus didactylus (Bloch & Schneider, 1801)

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Chordata
Clase
Actinopterigii
Subclase
-
Orden
Batrachoidiforme
Familia
Batrachoididae

Descrición

Avistamentos

  • Halobatrachus didactylus

Descrición
O sapo lusitano Halobatrachus didactylus é un peixe de ata 55 cm de lonxitude cun corpo esmagado e repoludo, cabeza grande e boca ampla. Presenta dúas espiñas cubertas pola pel no ángulo superior do opérculo; dúas aletas dorsais, a primeira con tres espiñas fortes e curtas cubertas pola pel; a segunda longa, con 19 a 24 radios brandos. Pel lisa, sen escamas, cuberta de mucus. Cor marrón clara, con numerosas manchas marróns escuras de distinto tamaño que forman bandas transversais irregulares no corpo e filas lonxitudinais e radiais de manchas escuras nas aletas. 

Hábitat e Bioloxía
Viven a pouca profundidade, sobre fondos areosos e rochosos ata 100 metros de profundidade, os xuvenís a menor profundidade que os adultos. Alimentación a base de moluscos, peces e crustáceos. Especie capaz de emitir sons semellantes a ronquidos.

Especies semellantes
Garda certa similitude con algunhas especies de escarapotes, entre os máis comúns nas nosas augas está Taurulus bubalis, que presenta unha liña de tubérculos óseos ao longo da liña lateral, o que permite diferencialo nun golpe de vista.

Distribución
O seu rango de distribución abarca o Atlántico leste, desde Portugal ata Ghana ou Nixeria e o Mediterráneo. Introduciuse nas nosas augas por desprazamento natural cara ao norte debido probablemente ao aumento da temperatura da auga, a diminución dos afloramentos e o incremento das fases de afundimento que provocan un aumento das correntes de sur cara ao norte. Capturado por primeira vez en Galicia en xullo de 2018, con citas nas rías de Vigo e Pontevedra. 

Curiosidades
O aspecto da súa pel e a capacidade de emitir ronquidos, similares ao croar das ras, fan que se coñeza vulgarmente como sapo. 

 

 

 

 

-8.855763,42.258276@299
-8.856897,42.259741@300
-8.823663,42.389353@301
-8.868,42.151@302
-8.8156958664777,42.258775537104@469
-8.7996505022951,42.333144088998@709
-8.9847609363753,42.550312257764@714
-8.8383826592029,42.147021585626@717
-8.8392221481626,42.146916868535@727
-8.8052059594041,42.191188406903@784