Harmothoe extenuata (Grube, 1840)
Descrición
Avistamentos
Descrición
Verme errante de corpo aplanado e afusado cara á parte traseira, que con 43 segmentos pode chegar a alcanzar 40 milímetros de lonxitude por 6 milímetros de ancho. O prostomio é bilobulado con distintivos picos cefálicos e presenta 1 antena central, 2 antenas laterais inseridas ventralmente, 2 longos palpos e 4 ollos, o par anterior situado dorsolateralmente na parte máis ancha do prostomio e o par posterior dorsalmente cerca da marxe posterior. O seu dorso está practicamente recuberto por 15 pares de élitros que se superpoñen e deixan ao descuberto os últimos10-15 segmentos do corpo do verme, que toman forma dunha especie de «cola». Os élitros, cuxo primeiro par é de forma redondeada e o resto varía de ovalada a con forma de ril, teñen as marxes e superficies adxacentes con curtas papilas; a súa superficie está totalmente recuberta por microtubérculos cónicos, cunha fila de macrotubérculos cerca do bordo posterior. A cor e o debuxo dos élitros é variable, xeralmente de cor parda-gris marmórea con manchas avermelladas algunhas veces, presentan xeralmente unha mancha central parda; antenas e cirros dorsais lixeiramente bandeados.
Hábitat e Bioloxía
Desde a zona intermareal ata os 400 metros de profundidade, en substratos areosos, de limo ou pedregosos, baixo pedras ou entre algas. É un depredador moi activo, especialmente de noite. Presenta separados e fecundación externa.
Especies semellantes
Harmothoe imbricata (Linnaeus, 1767), o par de ollos anterior disposto dorsoventralmente debaixo dos picos cefálicos, élitros coa superficie cuberta por microtubérculos cónicos e unhas poucas papilas dispersas, sen ou cunha fila de macrotubérculos, cónicos en forma de gota, cerca da marxe posterior e da marxe dos élitros cunha franxa de curtas papilas.
Harmothoe impar (Johnston, 1839), o par de ollos anterior dorsolaterais na parte máis ancha do prostomio, a marxe dos élitros cunha franxa de papilas claviformes e a súa superficie cuberta por microtubérculos cónicos a globosos; macrotubérculos cónicos nunha filla cerca da marxe posterior; os tubérculos a miúdo agrupados en montículos e outros illados, que lle dan á superficie unha aparencia reticulada.
Polinoe scolopendrina (Savigny, 1822), alcanza unha maior lonxitude, os seus élitros son de cor gris metálica translúcida e a súa longa «cola», case a metade da súa lonxitude total, presenta unha fila central lonxitudinal de características protuberancias escuras.
Distribución
Desde o Ártico ata o Mediterráneo.
Curiosidades
O nome da especie, extenuata, é un epíteto latino que significa ‘débil’ e se refire á facilidade de perda dos seus élitros e a súa ruptura corporal.