Hemimycale columella

Nome científico

Hemimycale columella (Bowerbank, 1874)
 

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Porifera
Clase
Demospongiae
Subclase
Heteroscleromorpha
Orden
Poecilosclerida
Familia
Hymedesmiidae

Descrición

Avistamentos

  • imaxe
  • imaxe
  • imaxe

Descrición:
Esponxa incrustante que pode alcanzar os 10 milímetros de grosor por 30 centímetros de diámetro e que recobre superficies rochosas. A súa consistencia é branda e flexible, de superficie suave e cor variable entre carne pálida, alaranxada, rosácea e amarelada. A superficie desta esponxa presenta numerosos cráteres resaltados por unha costela circular e cada un deles presenta no seu interior un ou máis poros que lle confiren aspecto de colmea. Os ósculos de 1 milímetro de diámetro son imperceptibles como consecuencia do seu pequeno tamaño.

Hábitat e bioloxía:
Desde os 5 ata os 40 metros de profundidade. É unha especie pouco común que aparece en fondos rochosos, sombríos e de moderado hidrodinamismo. En zonas profundas, ten un aspecto masivo e ramificado, e é recubrente preto da superficie. Reprodúcese no mes de xullo de forma sexual. Soporta a presenza de algas e doutros animais bentónicos. Cando se saca á superficie, esta esponxa emana un típico cheiro a cloro en canto entra en contacto co aire.
 

Distribución:
En augas europeas, a súa distribución esténdese desde Islandia e o norte de Noruega ata o sur de Portugal, con rexistros tamén no Mediterráneo occidental.
 

Especies semellantes:
Pode confundirse con Phorbas fictitius (Bowerbank, 1866), aínda que esta presenta tamén unha superficie chea de cráteres, cuxa periferia non está remarcada. Os ósculos non son visibles no interior das depresións e a cor da súa superficie acostuma a ser avermellada.

Curiosidades:
O nome desta especie, Columella, é un epíteto latino que significa ‘columna’, en referencia á forma que presentaba o exemplar tipo usado para a súa descrición.

Adóitase atopar en lugares moi ben conservados, polo que pode considerarse un bioindicador, e representa lugares non degradados.

Non hai avistamentos