Nemesignis banyulensis

Nome científico

Nemesignis banyulensis (Portmann & Sandmeier, 1960)
 

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Mollusca
Clase
Gastropoda
Subclase
Heterobranchia
Orden
Nudibranchia
Familia
Myrrhinidae

Descrición

Avistamentos

  • imaxe
  • imaxe
  • imaxe

Descrición:
Nudibranquio que pode chegar a alcanzar os 7 centímetros de longo. Ten dous longos tentáculos orais que se agudizan cara aos seus extremos. Os rinóforos, finos e relativamente pequenos, de case a metade da lonxitude dos tentáculos orais, son lamelados en case toda a súa lonxitude. A cada lado do seu dorso, dispostos lonxitudinalmente, destacan seis grupos de ceratas en forma de ferradura, e cada grupo está composto por varias filas de ceras. Os cerata son finos, lixeiramente curvados, longos e, no seu interior, pode verse por transparencia a glándula dixestiva en forma de cordón de cor tirando a marrón. Sobre o dorso, presenta tres características liñas lonxitudinais de cor branca opaca, unha medio dorsal que percorre todo o corpo desde a punta traseira do pé, pasa por entre os rinóforos, percorre a súa cabeza e bifúrcase para estenderse pola cara interna dos tentáculos orais, e outras dúas que percorren o seu corpo lateralmente por debaixo dos cerata e que se estenden pola cara externa dos tentáculos orais. O pé, moi ancho e translúcido, ten na súa parte dianteira dous grosos tentáculos propodiais. Pode presentar unha vistosa coloración laranxa ou un aspecto translúcido co ápice dos tentáculos orais e os rinóforos de cor branca iridiscente e o ápice dos cerata de cor vermella, laranxa forte ou amarela alaranxada.
 

Hábitat e bioloxía:
Desde os 5 ata os 35 metros de profundidade, sobre hidrozoos ou gorgonias, en fondos de cascallo, de area ou en paredes verticais rochosas. É unha especie carnívora que se alimenta principalmente de pólipos de hidrozoos do xénero Eudendrium. Algúns autores especulan que, en caso de falta de alimento, pode alimentarse de poliquetos e mesmo doutros nudibranquios cos que comparte alimento.

Distribución:
Desde o golfo de Biscaia ata o Mediterráneo.

Especies semellantes:
Coryphella lineata (Lovén, 1846): é de menor tamaño, presenta os rinóforos e os tentáculos orais da mesma lonxitude e os seus rinóforos son lisos ou lixeiramente engurrados.

Curiosidades:
O nome da especie, Banyulensis, é un xentilicio latino que significa ‘de ou procedente de Banyuls-sur-mer (Francia)’, en referencia a que foi na estación oceanográfica desta localidade onde se recolleron os exemplares para a súa descrición.
 

Non hai avistamentos