Neopentadactyla mixta

Nome científico

Neopentadactyla mixta (Östergren, 1898)

Nome común
No establecido
Reino
Animalia
Filo
Echinodermata
Clase
Holothuroidea
Subclase
Actinopoda
Orden
Dendrochirotida
Familia
Phyllophoridae

Descrición

Avistamentos

  • imaxe
  • imaxe
  • imaxe

Descrición:
Carallote de mar de corpo alongado, cilíndrico a lixeiramente fusiforme e aguzado cara aos extremos. Pode chegar a alcanzar os 200 milímetros de lonxitude por uns 30 milímetros de diámetro na súa parte central. Os espécimes novos teñen os pedicelos dispostos en series regulares dobres, mentres que os exemplares grandes contan cunha maior cantidade de pedicelos na súa parte central, formando ata 6 filas dobres que deixan espida só unha parte na zona interradial. Rodeando a boca, presenta unha dobre coroa de tentáculos, unha interna con dez tentáculos curtos e outros dez máis longos na coroa externa; estes últimos poden chegar a alcanzar os 10 centímetros de lonxitude. Os tentáculos son de cor branca, con manchas de cor amarronada. Cando están totalmente despregados tenden a parecer translúcidos. A cor do corpo vai do crema amarelado ao branco sucio.

Hábitat e bioloxía:
Desde os 10 ata os 200 metros de profundidade, en fondos de cascallo, maërl, grava grosa, area ou unha mestura destes. Permanece sempre enterrado no sedimento, polo que só poderemos ver os seus tentáculos despregados cando intenta cazar con eles partículas en suspensión. Acostuma a levar ritmicamente os seus tentáculos á boca para comer o alimento pegado neles. Ao menor perigo reprégase totalmente, de xeito que queda escondido baixo o sedimento.

Distribución:
Desde o oeste de Noruega ata o sur da Península Ibérica.

Especies semellantes:
Os seus tentáculos de cor branca translúcida cando están despregados e o seu corpo de cor branca leitosa con manchas amarronadas dispersas fan inconfundible esta especie.

Curiosidades:
O nome da especie mixta é un epíteto latino que significa ‘mixta’, ‘mesturada’, en alusión aos caracteres mesturados que presenta esta especie.

-8.7778025907286,42.26215606845@752