Ocinebrellus inornatus

Nome científico

Ocinebrellus inornatus (Récluz, 1851)

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Mollusca
Clase
Gastropoda
Subclase
Caenogastropoda
Orden
Neogastropoda
Familia
Muricidae

Descrición

Avistamentos

  • Ocinebrellus inornatus

Descrición
Especie mediana, ata 50-60 mm de altura; 4-7 voltas espirais, concha sólida cunha ornamentación grosa de cristas prominentes; as cristas son máis prominentes e angulosas na periferia ou no ombreiro, e no espazo entre estas é practicamente liso. 

Hábitat e Bioloxía
Especie gonocórica, cos sexos separados. A época de posta é na primavera-verán, pero en Francia detectouse tamén unha segunda posta cara ao final do outono-inverno. Os ovos son fertilizados internamente. As postas adoitan facerse sobre cunchas baleiras de ostras e outros bivalvos. Despois dun período de desenvolvemento de tres semanas aproximadamente, emerxen 10 xuvenís de cada cápsula. Aliméntanse principalmente de bivalvos (ostras, ameixas, berberechos e mexillóns) e, en menor medida,  doutros gasterópodos e crustáceos como os arneiróns. Toleran amplos rangos de temperatura e salinidade.

Especies semellantes
Compite coa especie nativa Ocenebra erinacea á que pode superar en número, moi difíciles de distinguir debido á variabilidade morfolóxica de ambas. 

Distribución
Especie orixinaria do Pacífico, desde o norte de China, Corea e Xapón, ata as illas Sakhalin e Kuriles en Rusia. Foi introducida en 1924 na costa occidental de Norteamérica e desde 1995 en Francia, Holanda, Dinamarca e Portugal. En Galicia polo momento só foron atopados na Illa de Arousa (Ría de Arousa). Podar alcanzar grandes densidades, de ata 100 individuos por m2. 

Curiosidades
Depredan sobre bivalvos nativos como a ostra Ostrea edulis, mexillóns e diferentes especies de ameixas e berberechos. 

 

 

 

 

 

-8.86647,42.531262@197
-8.864196,42.529922@198