Rhizostoma luteum (Quoy & Gaimard, 1827)
Descrición
Avistamentos
Descrición
Esta especie pode chegar a alcanzar 50 centímetros de diámetro. As marxes da umbela só presentan lóbulos marxinais, carecen de tentáculos. O manubrio ten oito brazos bucais, que se unen en case toda a súa lonxitude. A parte distal dos brazos é extraordinariamente pequena, reberetada, e finaliza nun apéndice terminal con forma de longa porra, un delgado e longo apéndice de sección prismática. A cor da umbela é abrancazada, pode estar en maior ou menor medida finamente apencarada en marrón, a parte distal dos tentáculos, onde se aloxan os cnidocistos, é de cor amarela pálida e o apéndice terminal é translúcido e vólvese gradualmente purpúreo cara ao seu ápice.
Hábitat e Bioloxía
É un animal peláxico de augas abertas que raramente se ve en augas costeiras ou no interior das rías, a onde adoita chegar esporadicamente arrastrada por correntes ou temporais. Adoita ser protección de alevíns de peixes como o xurelo, Trachurus trachurus. Os nematocistos deste animal, que unicamente están nos brazos bucais, son altamente urticantes, poden infrinxir dolorosísimas picaduras, polo que non é recomendable tocalos nin achegarse a ela.
Especies semellantes
Rhizostoma pulmo (Macri, 1778), alcanza un maior tamaño e presenta unha distintiva franxa de cor azulada orlando a súa umbrela e nos brazos orais.
Distribución
Desde o Cantábrico ata Senegal, moi rara no Mediterráneo.
Curiosidades
O nome da especie, luteum, é un termo latino que significa ‘amarelo’, en clara referencia á cor dos seus vistosos brazos.