Thalassema thalassema

Nome científico

Thalassema thalassema (Pallas, 1774)

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Annelida
Clase
Polychaeta
Subclase
Echiura
Orden
Echiuroidea
Familia
Thalassematidae

Descrición

Avistamentos

  • Thalassema thalassema
  • Thalassema thalassema
  • Thalassema thalassema

Descrición
Verme de corpo brando e mucoso, non segmentado, con forma de cenoria e de ata sete centímetros de lonxitude. O corpo principal ou tronco ten simetría bilateral e está recuberto de numerosas papilas dispostas en aneis, que aumentan en número e  diminúen en tamaño cara á parte anterior, onde se sitúa a súa boca. Da parte anterior sobresae unha probóscide, na base da cal está a boca e detrás un par de quetas. A probóscide é de forma acanalada, non ramificada, co extremo aguzado e pode estenderse ata case 20 centímetros, unhas tres veces a lonxitude corporal; contraída redúcese a unha pequena lingüeta colgada. Os individuos de ambos os sexos son de tamaño similar. A cor do tronco, que é variable entre individuos, adoita presentar dúas tonalidades, mentres que a anterior pode ser azul, gris, amarela, rosa ou púrpura, a posterior adoita se abrancazada; a probóscide é de cor amarelada ou alaranxada.

Hábitat e Bioloxía
Desde os cinco ata os 40 metros de profundidade, en fondos de area e lodo, baixo pedras ou en gretas de rocha, onde fai tobos en forma de «U» que reviste de mucosidade. Desde estes tobos alonga a súa probóscide acanalada, que funciona como se dunha cinta transportadora se tratase, trasladando á súa boca todo o material que recolle do sedimento con ela. É un detritívoro especializado, que inxire o sedimento para alimentarse do material orgánico que este contén.

Especies semellantes
A súa forma e hábitat fano claramente identificable.

Distribución
Desde o sur de Inglaterra ata o Mediterráneo.

Curiosidades
O nome da especie, thalassema, é unha palabra composta polo epíteto grego Thalassa (‘mar’) e o sufixo latino «-ema» (co que se forma o substantivo e indica resultado dunha acción), e refírese á procedencia da especie.

 

 

 

Non hai avistamentos