Tritia corniculum (Olivi, 1792)
Descrición
Avistamentos
Descrición
Gasterópodo de cuncha ovalada, cónica, con ápice pronunciado e de ata 15 milímetros de lonxitude. A cuncha está formada por entre seis e oito voltas de espira convexas cunha sutura moi marcada. A superficie da cuncha é lisa menos nas primeiras voltas, nas que se observan pequenas costelas axiais. A abertura é ampla, de forma de óvalo angular co labio externo de bordo cortante. A coloración é moi variable — abrancazada, agrisada ou verdosa—, cunha banda clara salpicada de manchas pardas por debaixo da sutura.
Hábitat e Bioloxía
É unha especie do intermareal, que se dá en costas pedregosas con rochas soltas e algas. Como todas as especies da familia Nassariidae, son uns depredadores oportunistas que o mesmo se alimentan de animais vivos que de preas.
Especies semellantes
Tritia ovoidea (Locard, 1886), a súa coloración non é tan brillante nin tan esvelta a súa cuncha. Ademais o seu hábitat é a partir dos 20 metros de profundidade sobre fondos lamacentos.
Distribución
Desde o Canal da Mancha ata o Mediterráneo.
Curiosidades
O nome da especie, corniculum, é un epíteto latino que significa ‘corno’, ‘corneta’ e que se refire á forma da súa cuncha. Tamén era o nome dunha condecoración militar romana consistente nun corniño de prata.