Velutina plicatilis

Nome científico

Velutina plicatilis (O. F. Müller, 1776)

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Mollusca
Clase
Gastropoda
Subclase
Cadenogastropoda
Orden
Littorinimorpha
Familia
Velutinidae

Descrición

Avistamentos

  • imaxe
  • imaxe
  • imaxe

Descrición:
Gasterópodo de cuncha fráxil e semitransparente de contorno ovalado. Aínda que pode chegar aos 15 milímetros de longo por 12 milímetros de alto, normalmente é de menor tamaño. A cuncha está formada por 2-3 voltas de espira que se expanden rapidamente, de forma que a última volta ocupa a altura total da cuncha. A espira é baixa, e ocasionalmente disponse nunha pequena depresión. O exterior da cuncha está esculpido por finas liñas de crecemento irregulares, e está recuberta por un groso periostraco con porcas pequenas que escurecen gran parte dos contornos da cuncha. A apertura, que ocupa o 90 % da última volta, é ovalada, alongada basalmente cara á dereita e co beizo exterior delgado, flexible e sen opérculo. O animal non ten fociño e os tentáculos, que se dispoñen nunha crista transversal, son longos, aínda que poden contraerse ata formar protuberancias redondeadas. Cada tentáculo presenta un ollo basal. A planta do pé ten forma de oito, co bordo anterior aplanado, e pode retraerse totalmente dentro da cuncha. O animal pode ser de cor branca, amarela ou laranxa. A cuncha é de cor branca ou rosada, co periostraco de cor laranxa ou laranxa avermellada.

Hábitat e bioloxía:
Desde os 10 ata os 350 metros de profundidade, sobre fondos duros, e asociada ao seu alimento, as ascidias, especialmente as solitarias, tales como Ascidia virginea e outras do xénero Styela, como Styela coriacea.

Distribución:
Está presente en ambos os lados do Atlántico norte e, en augas europeas, a súa distribución abarca desde Noruega ata o noroeste da Península Ibérica.

Especies semellantes:
Velutina velutina (O. F. Müller, 1776): o periostraco da súa cuncha é engurrado e de cor marrón e o animal é de cor branca.

Curiosidades:
O nome da especie, Plicatilis, é un epíteto latino que significa ‘pregada’, ‘estriada’, en referencia ás estrías da súa cuncha.

 

 

Non hai avistamentos