O primeiro inventario completo da fauna e flora mariña de Galicia publicouse no ano 2018 dentro da acción de investigación da Xunta de Galicia chamada Listado de especies mariñas de Galicia (LEMGAL).
Dita publicación recolle 6.381 especies documentadas historicamente nas augas atlánticas de Galicia. Se temos en conta que nas augas españolas hai inventariadas ata o de agora unhas 11.000 especies mariñas, o elevado número de especies das augas galegas é un reflexo da riqueza e complexidade dos nosos ecosistemas mariños e da necesidade do seu estudo e conservación para as xeracións vindeiras.