¡Ollo, medusas!

O exemplar da foto, Rhizostoma luteum, é unha medusa de gran porte presente ocasionalmente nas augas galegas.

Imaxe 1

As medusas ou augamares son un grupo de organismos mariños xelatinosos compostos por un 95% de auga, que pertencen  ao grupos dos cnidarios (Filo Cnidaria). A súa característica máis destacada é a presenza de células urticantes chamadas cnidocitos, repartidas polo corpo e que utilizan como defensa e para capturar o alimento. Son organismos de vida libre que son desprazadas polas correntes mariñas, que as arrastran en numerosas ocasións cara a costa.

Están constituídas  por unha parte superior en forma de campá ou paraugas, a “umbrela”, e tentáculos na parte inferior, aínda que certas especies desenvolven outra estrutura de vida sésil cunha forma cilíndrica chamada pólipo. Son estacionais, a fase das medusas está presente principalmente de xullo a novembro.

A medusas sempre estiveron presentes no mar galego, inda que nos derradeiros anos parece que viuse incrementada a súa presenza na franxa costeira provocando certa alarma social polas molestias que poden causar.

As principais especies detectadas nas rías e praias de Galicia son Chrysaora hysoscella, Pelagia noctiluca ou Rhizostoma luteum. Outras especies coma a carabela portuguesa Physalia physalis (moi urticante) e a vela de mar Velella velella (pouco urticante) son falsas medusas, formadas por colonias de hidroides e pertencen a clase dos hidrozoos fronte á clase dos escifozoos das verdadeiras medusas.

O exemplar da foto, Rhizostoma luteum, é unha medusa de gran porte presente ocasionalmente nas nosas augas e que acotío é confundida con Rhizostoma pulmo, que ten a umbrela cuns ribetes inconfundibles de cor azul violáceo que non ten a outra especie.

As recomendacións en caso de picadura son non frotar e quitar os restos adheridos de tentáculos ou medusas cunhas pinzas, lavar con abundante auga de mar (non auga doce), aplicar xeo seco e/ou unha solución de bicarbonato ao 5% e nos casos máis graves, con náuseas, vómitos, mareos, cambras musculares, cefaleas ou malestar xeneral, acudir ao médico ou hospital máis próximo, e informar, si é posible, do tipo de medusa que produciu a picadura.