Anthopleura ballii

Nome científico

Anthopleura ballii (Cocks, 1851)

Nome común
No establecido
Reino
Animalia
Filo
Cnidaria
Clase
Anthozoa
Subclase
Hexacollaria
Orden
Actiniaria
Familia
Actiniidae

Descrición

Avistamentos

  • Anthopleura ballii
  • Anthopleura ballii
  • Anthopleura ballii

Descrición
Anémona solitaria que pode alcanzar un tamaño de 10 centímetros e que alberga no seu interior zooxantelas (unhas microscópicas algas simbióticas), o que lle confire unha coloración extremadamente variable. A columna é de forma atrompetada, pode chegar a alcanzar unha altura de 7 centímetros e está recuberta por 96 filas de pequenas verrugas. Na parte superior de cada fila de verrugas disponse unha vesícula rica en cnidocitos (acrorrago) máis voluminosa que as verrugas precedentes. O disco oral, moi amplo, está rodeado por 96 tentáculos, de 2 a 3 centímetros de lonxitude, dispostos aparentemente de forma desordenada en múltiplos de seis e que se curvan no seu ápice. A cor dominante desta anémona pode ser amarela ou marrón; algúns científicos distinguen dúas variedades en función da súa coloración. O disco oral ten máis ou menos visible un conxunto de finas liñas claras que irradian da boca (relacionadas cos mesenterios) e os tentáculos son de cor parda na súa base e vanse facendo translúcidos cara ao seu ápice, cunhas típicas bandas abrancazadas transversais.

Hábitat e Bioloxía
Desde o intermareal, en charcas de marea, ata os 25 metros de profundidade, normalmente en zonas escuras como gretas ou buratos de rochas, paredes rochosas, baixo pedras ou asomando o seu disco oral sobre o sedimento do fondo mariño, neste último caso sempre coa base fixa a un obxecto sólido como unha cuncha ou unha pedra enterradas no sedimento. Normalmente en lugares protexidos e sen demasiada exposición á luz solar directa.

Especies semellantes
Anthopleura thallia (Gosse, 1854)
, so seu tamaño é menor e só presenta 60 tentáculos rodeando o seu disco oral, ademais as verrugas da súa columna son máis escuras, grandes e se dispoñen irregularmente.
Aulactinia verrucosa (Pennant, 1777), é de menor tamaño, ten soamente 48 tentáculos, as «verrugas» da súa columna están moi definidas en liñas verticais e non presenta acrorragos.
Bunodactis rubripunctata (Grube, 1840), os seus tentáculos son avermellados ou morados.

Distribución
Desde as illas británicas ata o golfo de Guinea, incluído o Mediterráneo.

Curiosidades
O nome da especie, ballii, é en honra do naturalista irlandés Robert Ball (1802-1857), membro da Royal Irish Academy, presidente da Royal Geological Society of Ireland e director do Museo da Universidade de Dublín.

 

 

 

-8.8214909573562,42.391647918814@802