Styela clava

Nome científico

Styela clava (Herdman, 1881)

Nome común
No establecido
Reino
Animalia
Filo
Chordata
Clase
Ascidiacea
Subclase
 
Orden
Stolidobranchia
Familia
Styelidae

Descrición

Avistamentos

  • Styela clava
  • Styela clava
  • Styela clava

Descrición
Ascidia solitaria, aínda que pode darse en densos agregados, que pode alcanzar unha lonxitude de 12 centímetros por 2 centímetros de diámetro. O seu corpo ten forma de saco cilíndrico alongado, que se aguza cara á súa parte inferior onde presenta un robusto pedúnculo, esvelto e duro, que na súa parte inferior se estende nunha placa duns 25 milímetros de diámetro fixa ao substrato. A súa túnica é correúda, corrugada e desigual; normalmente na súa parte superior presenta moitas protuberancias redondeadas e cantos irregulares, mentres que na metade inferior presenta pregaduras lonxitudinais que se prolongan polo pedúnculo. Na súa parte superior ten dous sifóns, moi curtos e próximos entre si, con catro lóbulos cada un deles. A cor da  túnica pode ser parda abrancazada, parda avermellada ou amarelenta, con catro raias lonxitudinais de cor crema ou púrpura, alternadas con catro raias pálidas, nos sifóns.

Hábitat e Bioloxía
Desde o límite inferior da baixamar ata os 25 metros de profundidade, en augas abrigadas colonizando todo tipo de substrato duro, incluídos fondos rochosos, pedras, infraestruturas portuarias, cascos de embarcacións, sobre outros animais sésiles como gorgonias ou bivalvos e incluso ocasionalmente sobre algas. Resiste amplas variacións de salinidade e temperatura. Como forma de defenderse dos seus depredadores segregan ácido sulfúrico e acumulan vanadio, un metal pesado tóxico.

Especies semellantes
A súa forma pedunculada, tacto correúdo e túnica grosa e engurrada, fana facilmente recoñecible, aínda que ás veces estas características poden quedar enmascaradas ao estar frecuentemente recuberta por outros organismos como algas, esponxas, hidrozoos, briozoos e incluso outras ascidias, solitarias e coloniais.

Distribución
En Europa está presente en toda a costa atlántica.

Curiosidades
O nome da especie, clava, é un epíteto latino que significa ‘maza’, ‘porra’, ‘garrote’ e refírese ao seu aspecto. 

É unha especie exótica, orixinaria do pacífico e introducida nas augas europeas polos  barcos, ben nos seus cascos ou na auga dos seus tanques de lastre. 

 

 

 

-9.0507198363741,42.785620212138@693