Ciencia cidadá para coidar da nosa vida mariña.
A creación dunha Rede de Observadores do Medio Mariño galego (RedOGAL) pretende ser unha ferramenta da Xunta de Galicia para o seguimento e vixilancia da vida mariña de Galicia. As condicións do medio mariño sofren continuos cambios xa sexan naturais ou antropoxénicos, inducidos polo home.
Os seres vivos actúan como bioindicadores destes cambios dos ecosistemas, polo que é necesario establecer unha rede de seguimento e vixilancia da vida mariña utilizando como ferramenta o concepto de “Ciencia cidadá”.