Corella eumyota

Nome científico

Corella eumyota (Traustedt, 1882)

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Chordata
Clase
Ascidiacea
Subclase
-
Orden
Phlebobranchia
Familia
Corellidae

Descrición

Avistamentos

  • Corella eumyota

Descrición 
Ascidia solitaria de forma oval de ata máis de 15 cm de lonxitude no hemisferio sur e ata 8 cm no hemisferio norte. Viven fixadas principalmente sobre o seu flanco dereito. Sifón bucal terminal e cloacal lateral, situado entre 1/3 e 1/2 do lateral dereito. Bordos dos sifóns punteados de vermello, 8 puntos avermellados no bucal e 6 no cloacal. Parede muscular grosa e lisa, de cor esbrancuxada a laranxa translucido. Intestino en forma de U. 

Hábitat e Bioloxía
Vive fixada a rocas, substratos duros e sobre outros animais (moluscos, tubos de poliquetos ou outras ascidias) ou sobre algas, solitarias ou en grupos de varias decenas de individuos. Atópase en áreas protexidas ata uns 20 metros de profundidade. Sente preferencia sobre as zonas portuarias nos pontóns e pantaláns. Especie ovovivípara hermafrodita, co oviduto e espermiduto curtos, ábrese na superficie da gónada, na parte final do corpo e os embrións incubados lonxe do sifón exhalante. Debido ao curto espazo de tempo como libres nadadores, é frecuente que os recentemente nados se asenten sobre os adultos, formando grandes grupos de individuos que poderían estar xeneticamente relacionados, o que aumenta a probabilidade de endogamia.

Especies semellantes
Pode confundirse con Corella parallelogramma, pero esta é de maior porte e fíxase pola súa base, ademais de ser normalmente solitaria. 

Distribución
Orixinaria do hemisferio sur: Antártida, Nova Zelandia, Sudáfrica, Chile e sur de Australia. Observada por primeira vez en Francia no 2002 esténdese posteriormente por todo o noroeste de Europa. En Galicia foi observada por primeira vez no interior da Ría de Vigo en novembro do 2003. Posteriores estudos localizárona en pontóns e pantaláns de numerosos portos deportivos da Ría de Vigo (Baiona, Vigo, Cangas, Moaña e Chapela), Ría de Pontevedra (Bueu), Ría de Corme-Laxe (Corme), Ría da Coruña (A Coruña) e en Burela. 

Curiosidades
Debido á súa capacidade de formar grandes agregacións de exemplares fortemente adheridos entre si, pode expor unha ameaza potencial para o cultivo de ostra e mexillón en bateas.

 

 

 

-8.751,42.227@202
-8.783,42.26@203
-8.735,42.277@204
-8.676,42.268@205
-8.847,42.121@206
-7.355,43.66@207
-8.397,43.369@209
-8.786,42.328@210