Onchidella celtica

Nome científico

Onchidella celtica (Audouin & Milne-Edwards, 1832)

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Mollusca
Clase
Gastropoda
Subclase
Heterobranchia
Orden
Systellommatophora
Familia
Onchidiidae

Descrición

Avistamentos

  • imaxe
  • imaxe
  • imaxe

Descrición:
Esta babosa pulmonada non ten cuncha e o seu corpo, de forma ovalada, forte e carnosa, pode chegar a alcanzar os 13 milímetros de longo por uns 6 milímetros de ancho. A cabeza ten na súa parte dianteira dous curtos e grosos tentáculos de forma cilíndrica, cos ollos dispostos no seu ápice e que só son visibles cando o animal está en movemento. O seu manto está totalmente recuberto de grandes tubérculos que se dispoñen de forma espazada e que normalmente presentan restos de area adheridos. Cando o animal está en repouso, o manto recóbreo totalmente, de xeito que tapa por completo o pé e a cabeza. A cor do manto é verde denegrida moi escura.
 

Hábitat e bioloxía:
Na zona intermareal superior, nos fondos rochosos, normalmente en zonas areosas entre mexillóns, bálanos de mar e gretas altas. É un animal gregario que adoita vivir en grupos de entre 2 e 60 individuos que se refuxian xuntos en pequenas gretas da roca para se protexer tanto da forte acción das ondas coma da luz solar directa. Aliméntase de algas, para o que se despraza cando está a marea baixa, e volve ao seu agocho cando esta sobe. Nunca permanece baixo a auga, aínda que soporta períodos curtos de inmersión. 
 

Distribución:
Desde as illas británicas ata o Mediterráneo, ademais das illas Azores e Madeira.

Especies semellantes:
O seu aspecto, forma e hábitat fana inconfundible.

Curiosidades:
O nome da especie, Celtica, é un epíteto latino que significa ‘do pobo celta’, ‘pertencente aos celtas’, en referencia aos poboadores da Galia francesa, onde se recolleron os exemplares para a súa descrición.
 

 

 

Non hai avistamentos