Ophiothrix fragilis

Nome científico

Ophiothrix fragilis (Abildgaard in O. F. Müller, 1789)

Nome común
No establecido
Reino
Animalia
Filo
Echinodermata
Clase
Holothuroidea
Subclase
Actinopoda
Orden
Dendrochirotida
Familia
Cucumariidae

Descrición

Avistamentos

  • Ophiothrix fragilis
  • Ophiothrix fragilis
  • Ophiothrix fragilis

Descrición
Ofiúra cun disco redondeado de ata 20 milímetros de diámetro do que saen cinco fráxiles brazos de forma equidistante. O disco, que é de forma redondeada ou pentagonal e aplanado, presenta a súa superficie recuberta de pequenas espiñas delgadas con outras de maior lonxitude que se dispoñen en cinco grupos radiais. Os escudos radiais son grandes, de forma triangular, están separados e a súa superficie é lisa. Os brazos, cunha lonxitude aproximada de cinco veces o diámetro do disco, teñen placas dorsais en forma de diamante con quilla e placas ventrais rectangulares; cada segmento presenta a cada lado sete espiñas. A súa cor, ao igual que a súa forma, é moi variable, violeta escuro, vermello, amarelo ou laranxa, cos brazos coloreados en bandas máis ou menos aparentes.

Hábitat e Bioloxía
Desde os 5 aos 350 metros de profundidade, sobre fondos duros, incluídos os fondos de area e cascallo, baixo pedras e algas ou tapizando o fondo. En zonas de corrente moderada de mareas eleva os seus brazos á corrente para recoller da auga circundante partículas coas que alimentarse. Son animais detritívoros e suspensívoros. Poden encontrarse mesturadas con outra ofiúra, Ophiocomina nigra (Abildgaard in O. F. Müller, 1789).

Especies semellantes
Ophiothrix quinquemaculata (Delle Chiaje, 1828), presenta na parte dorsal do disco uns grandes escudos radiais triangulares lisos, entre os que hai numerosas espiñas pequenas e os seus brazos teñen unhas placas dorsais de perfil redondeado cada unha das cales presenta nun dos seus laterais un rebordo característico.

Distribución
Desde Islandia ata o Mediterráneo.

Curiosidades
O nome da especie, fragilis, fai referencia á fraxilidade dos seus brazos, que rompen coa mínima manipulación.

 

 

 

Non hai avistamentos