Pelagia noctiluca

Nome científico

Pelagia noctiluca (Forsskâl, 1775)

Nome común
Non establecido
Reino
Animalia
Filo
Cnidaria
Clase
Scyphozoa
Subclase
Discomedusae
Orden
Semaeostomeae
Familia
Pelagiidae

Descrición

Avistamentos

  • Pelagia noctiluca
  • Pelagia noctiluca
  • Pelagia noctiluca

Descrición
Pequena medusa que pode chegar a alcanzar os 15 centímetros de diámetro umbrelar. A súa umbrela ten forma de fungo, algo aplanada, con lóbulos alongados e redondeados na súa marxe, onde se alternan os tentáculos marxinais, que en número de ata 16 poden chegar a alcanzar totalmente estirados os 20 metros de lonxitude, e os órganos sensoriais. Arredor da boca ten catro brazos longos e robustos, non ramificados. As verrugas pardas que se estenden tanto pola umbrela como polos tentáculos e brazos orais están formadas por acumulacións de cnidocistos. É dunha típica cor rosada translúcida, coas verrugas de cor amarela avermellada rosada ou amarronada.

Hábitat e Bioloxía
É un animal peláxico que chega á costa arrastrado polos ventos e correntes, especialmente nos meses de primavera e verán. Non presenta fase pólipo, polo que o seu ciclo vital se circunscribe exclusivamente a mar aberto. Ten dous períodos reprodutores, primavera e outono, cun crecemento moi rápido e unha lonxevidade duns dous anos. Cando encontra as condicións ambientais adecuadas pode chegar a formar verdadeiros enxames. A pesar do seu pequeno tamaño, é unha especie de perigosidade alta polos seus potentes cnidocistos.

Especies semellantes
O seu pequeno tamaño e característica cor rosada fana facilmente identificable.

Distribución
Desde as Illas Británicas ata o Mediterráneo.

Curiosidades
O nome da especie, noctiluca, é unha palabra composta por dous termos latinos, nox (‘noite’) e lux (‘luz’), significa ‘luz nocturna’ e refírese á súa luminiscencia nocturna.

Os nematocistos deste animal son altamente urticantes e poden infrinxir dolorosísimas picaduras, polo que non é recomendable tocala nin achegarse a ela.

 

 

 

Non hai avistamentos