Polycarpa gracilis

Nome científico

Polycarpa gracilis (Heller, 1877)

Nome común
No establecido
Reino
Animalia
Filo
Cnidaria
Clase
Ascidiacea
Subclase
Stolidobranchia
Orden
Styelidae
Familia
Styelidae

Descrición

Avistamentos

  • imaxe
  • imaxe
  • imaxe

Descrición:
Ascidia solitaria ou colonial, de forma globular ou lixeiramente esmagada dorso-ventralmente. Os individuos solitarios poden chegar a alcanzar os 20 milímetros de diámetro, mentres que as colonias alcanzan os 20 centímetros. A súa túnica é de consistencia cartilaxinosa, con lixeiras incrustacións de area, algas ou outros epibiontes, aínda que non presenta crecementos fibrilares exteriores. No caso dos individuos coloniais, as túnicas fusiónanse ata ser imposible discernir os límites de cada individuo. Os sifóns, pouco prominentes, sitúanse na parte superior da ascidia, son curtos e de forma diverxente e presenta no seu extremo 4 lóbulos que son pouco aparentes. Cor amarelada, alaranxada ou amarronada.

Hábitat e bioloxía:
Desde os 2 ata os 200 metros de profundidade, sobre fondos rochosos en area ou lodo, e ás veces só sobresaen os sifóns.

Distribución:
Desde o sur das Illas Británicas ata o Mediterráneo.

Especies semellantes:
No caso de individuos coloniais, pode confundirse con Dendrodoa  grossularia (Van Beneden, 1846), aínda que nesta os individuos distínguense como totalmente independentes e a súa cor é vermella ou laranxa brillante.

Curiosidades:
O nome da especie gracilis é un epíteto latino que significa ‘delgado’, ‘fino’, ‘sinxelo’, con referencia á fina capa que forma a colonia conservada.

 

-8.7952247069545,42.246203969178@738