Polymastia penicillus

Nome científico

Polymastia penicillus (Montagu, 1814)

Nome común
No establecido
Reino
Animalia
Filo
Porifera
Clase
Demospongiae
Subclase
Heteroscleromorpha
Orden
Polymastiida
Familia
Polymastiidae

Descrición

Avistamentos

  • Polymastia penicillus
  • Polymastia penicillus
  • Polymastia penicillus

Descrición
O corpo desta esponxa semiesférica, que pode chegar a alcanzar os 20 centímetros de diámetro cun grosor de 1 centímetro, é de cor entra laranxa e amarela, mentres que as papilas que sobresaen del, elevándose sobre o sedimento que recobre o corpo da esponxa, teñen unha cor entre amarela e ocre clara, que son máis translúcidas canto máis nos achegamos ao seu ápice. O número de papilas e a súa lonxitude varía coa idade, condición e situación da esponxa, pero pódense diferenciar facilmente as  inhalantes das exhalantes; mentres as primeiras son finas e están presentes en maior  cantidade, as segundas son máis longas e grosas, son menores en número e os seus extremos permanecen abertos.

Hábitat e Bioloxía
Desde os 5 ata os 2000 metros de profundidade, fixa en pedras baixas, na interfase pedra sedimento e semienterrada no sedimento que recobre o seu corpo e deixa soamente as papilas sobresaír deste. Medra sobre fondos rochosos ou sobre rochas que estean parcialmente tapadas polo sedimento. 

Especies semellantes
Polymastia agglutinans Ridley & Dendy, 1886, de menor tamaño, a súa base, de apenas 1 centímetro de grosor, aglutina anacos de cuncha e grans de area, as súas papilas son relativamente longas, delgadas e a cor da base é beixe sucia e a das papilas abrancazada ou alaranxada translúcida.
Polymastia conigera Bowerbank, 1874, forma grandes revestimientos,cunha base que, con apenas 1 centímetro de grosor, é moi híspida e pilosa, as súas papilas, cónicas ou cilíndricas, son grosas, numerosas, pouco altas e só algunhas presentan un ósculo apical e a cor da súa base é beixe escura e a das papilas amarela cremosa opaca.
Polymastia ubérrima Schmidt, 1870, alcanza un menor tamaño, é de forma case esférica, sobre a súa parte superior presenta unhas poucas grosas e pequenas papilas, todas osculiformes e a súa cor é amarela, tanto nas papilas como na base.

Distribución
Océano Ártico, costas atlánticas europeas, norteamericanas e o Mediterráneo.

Curiosidades
O nome da especie, penicillus, é un termo latino que significa ‘cepillo’, en clara referencia á aparencia das esponxa coas súas longas papilas.

 

 

 

Non hai avistamentos